03/02/2013 - Isabel García Fernández/El Progreso (Ribadeo)
A Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, que pasou a dirixir María Carmen Martínez, dispón, desde principios deste mes, do preinforme arqueolóxico sobre o pecio atopado a finais de 2011, no fondo da ría de Ribadeo, fronte ao peirao de Mirasol. Os arqueólogos constatan que se trata dun «galeón español do século XVI, de 32 metros de eslora e 9,5 de manga máxima, cun claro interese histórico e patrimonial para a súa conservación» e aseguran que, a falta de máis prospeccións, a súa estrutura está «case intacta e é das mellores conservadas das naves achadas en Galicia».
O barco atopouse casualmente mentres se executaba a draga do estuario, que houbo de paralizarse nese lugar para non danar a nave. Portos, a instancias de Patrimonio, cubriu o ano pasado a embarcación cunha malla metálica, para conservala in situ e obedeceu, deste xeito, unha directiva europea que recomenda non extraer os pecios, polo caro e arriscado que resulta.

Ningún comentario:
Publicar un comentario