18 de abr. de 2022

REMATANDO OS TRABALLOS DE RECUPERACIÓN DE ELEMENTOS DO CASCO GRAZAS A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Grazas ao investimento da Deputación de Pontevedra coa convocatoria de subvencións dirixidadas a entidades sen animo de lucro  a Asociación Calmoseira puido facer fronte aos traballos de recuperación do casco e a dotación de elementos de seguridade para o "Adelino Manuel" un galeón do ano 1.944.

Os traballos comezaron coa retiradas das velas, aparellos e o mastro do barco para o seu traslado ao estaleiro


 

 

 

 Dada a antigüidade da embarcación, o trancanil orixinal da proa do galeón, foi dando síntomas de esgotamento e sucesivos parches, facía preciso o cambio do mesmo e os elementos do barco a el vinculados, así como a tapa regala e sobretapa...

 Os traballos foron alongándose e non sen sorpresas,..

 

 

 

 

 

A proa foi preciso axuslada tras a retirada dos elementos da cuberta e reclabada.

 

 

 

 

 

 


 ...os elementos estruturais do barco xa se atopan listos a falta de poñerlle a cuberta e os tratamentos de protección da madeira, e poder votalo ao mar ao galo do 17 de maio, grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra.